InicioSOCIEDADEMedio millar de nen@s emprendendor@s presentaron os seus proxectos en María Pita

Medio millar de nen@s emprendendor@s presentaron os seus proxectos en María Pita

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este venres a Praza de María Pita convertiuse nun viveiro de empresiñas. Máis de catrocentos cincuenta nenos e nenas que participaron nunha nova edición do Mercado da Semente, levando os seus produtos creados ao longo do curso dentro do Proxecto Semente: “Unha empresa na miña escola”.

Un proxecto municipal que trata de fomentar os valores do emprendemento, a cooperación e o coñecemento do comercio xusto e da economía social entre os nenos e nenas que cursan entre 3º e 6º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial dos centros educativos da cidade.

Durante o curso aprenderon a crear e xestionar empresas, baixo a forma de cooperativa; conseguiron a licenza facendo unha visita ao Salón de Plenos e onte era o gran día da posta en escena da venda dos primeiros produtos.

O centro máis implicado foi o Jesuitinas e ás mellores cooperativas a GOA & Jones (Grande Obra de Atocha) e EcoCoruña (San Pedro de Visma).

Os centros educativos participantes este curso foron: CEIP Concepción Arenal, CPR Grande Obra de Atocha, CPR Hijas de Jesús, CEIP Manuel Murguía, CPR Montegrande, CPR Sagrado Corazón, CEIP San Francisco Javier, CEIP San Pedro de Visma e o CEIP Zalaeta. No mercado venderon os artigos que realizaron as cooperativas escolares: Animal Gamers, Arte Natural, Artilandia, Ciencia y Terror, Confishop, Creativilandia, Deportixogos, EcoCoruña, Franciscorp, GOA & Jones, La Coru Neno, Mentes Curiosas, Mil e un tarros, Mundo infinito, Murguiarxila, Primaria 51, SanMarisco, Sementa Deportes, Supermontegrande e Xogos divertidos.

ÚLTIMAS

A empresa que xestiona o centro deportivo do Castrillón obrigada a readmitir un traballador

O Xulgado do Social número 6 da Coruña condenou á empresa que xestiona o...

María Couso reflexiona sobre as pantallas na infancia para as familias de Oleiros

As ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros, en colaboración co Concello de...

O artista coruñés que pintou a tumba de Franco encérrase nun escaparate

O artista coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na tumba...

As persoas en semiliberdade do CIS afondan na súa sensibilización ambiental

Continúa medrando o proxecto Entre Crebas, que está a convertir ás persoas que cumplen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here